Don

Eladio Quiroga Rodríguez

Fundador do Colexio Hermanos Quiroga

01

A orixe de todo

Don Eladio Quiroga Rodríguez naceu en Santo Estevo de Baralla, provincia de Lugo. O noso fundador chegou ao Porriño polo seu tío, José María Quiroga, que foi párroco deste municipio. Nun primeiro momento, vai ao Seminario maior de Tui para cursar os seus estudos de Teoloxía e ordenarse sacerdote. Ao rematar a súa formación, trasládase ao Porriño, onde exerce de párroco na parroquia de Torneiros e comeza o seu labor como docente no Dulce Nombre de Jesús.

É así como este home forte, de gran carácter e firmes valores bota raíces na nosa vila.

02

o traslado

O vínculo que crea neste concello é tal que, poucos anos despois, trasládanse para vivir aquí xunto a el as súas irmás: Beatriz, M.ª Carmen e M.ª Dolores, mestras as tres de Educación Infantil e Primaria. O seu carácter emprendedor e a súa admiración polo mundo da educación fai que os irmáns decidan abrir unha pequena academia a finais da década de 1960 na rúa Ramiráns. Pero este centro de ensino axiña lles queda pequeno, polo que ao pouco tempo teñen que trasladarse a un edificio na mesma rúa, onde deixarán de ser academia para converterse en colexio. Uns anos máis tarde, o gran incremento no número de alumnos e alumnas fai que Don Eladio decida levar a cabo o seu gran proxecto, o Colexio Hermanos Quiroga Rodríguez, situado na rúa Antonio Palacios. Don Eladio desempeña a función de director, mentres que Beatriz e M.ª Dolores exercen a súa verdadeira vocación como docentes.

03

o RECOÑECEMENTO

Don Eladio foi toda unha institución no noso concello, foron moitas as homenaxes que recibiu por parte das parroquias e tamén do Círculo Recreativo do Porriño, onde pronunciou estas sentidas palabras: “Gracias Porriño, me hicisteis feliz”. A súa perda inesperada supuxo un duro golpe para todos no ano 1999, pero tal e como os profesores lles prometeron ás súas irmás: “Eladio, a túa obra seguirá viva”.

Logotipo Colegio Hermanos Quiroga
Resumo de privacidade

A lei indica que se considerasén cookies exceptuadas as cookies de sesión e de entrada, de autenticación ou identificación de usuario, cookies de seguridade, reprodutor multimedia, equilibrio de carga, personalización da interface de usuario e plugin para intercambiar contidos sociais.

Cumplimiento del Artículo 22.2 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico. (LSSICE).

De todos os xeitos e para unha maior transparencia desexamos aclarar que:

· A información das cookies almacénase no teu computador ou dispositivo usado para ver a web.
· Colegio Hermanos Quiroga utiliza cookies para realizar funcións tales como inicio de sesión e de entrada só para usuarios rexistrados na aula virtual.
· O reprodutor multimedia de Youtube utiliza cookies para poder visualizar os vídeos enlazados.
· Non utilizamos outras cookies distintas ás explicadas.

Cookies usadas nesta web para acceder á aula virtual:
wordpress_[hash], wp-settings-{user},wordpress-settings-{time}-[UID], wordpress_logged_in_xxx, wordpress_test_cookie, wp_lang, wordpress_sec_xxx

Cookies usadas nesta web polo reproductor multimedia:
VISITOR_INFO1_LIVE, YSC

Cookies usadas nesta web para lembrar os axustes de cookies:
moove_gdpr_popup