Información Xeral

Fai clic en cada cadro para ver á resposta a túa dúbida

No CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga impártense as seguintes ensinanzas:

  • Educación Infantil
  • Educación Primaria
  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)

Xornada única, de luns a venres, de 9:00 a 14:30 horas.

Os martes de 16:30 a 18:10 horas para a ESO.

Actividades extraescolares a partir das 16:00.


O uniforme do centro está composto por:

USO DIARIO

  • Pantalón colexial (longo/curto) ou saia plisada con ou sen tirantes, estes deberán ser por riba do xeonllo para favorecer a uniformidade.
  • Polo ou camisa azul celeste.
  • Xersei ou chaqueta escolar de pico azul mariño.
  • Zapato escolar negro ou azul mariño.
  • Gravata granate para os festivais ou días sinalados.
  • Calcetíns ou medias azul mariño.

DÍAS DE EDUCACIÓN FÍSICA

  • Chándal azul mariño co logo do centro serigrafiado / bordado.
  • Camiseta / polo branco .
  • Tenis brancos .
  • Pantalón curto azul mariño de algodón.

 

NON SERÁN ADMITIDOS:

Pantalóns que non sexan tipo “colexial” (non pana, vaqueiro, chino, etc.)

Saias-pantalón.

Camisas con “cuello Mao”.

Non está permitido traer ningún tipo de “sudaderas”, como prenda de abrigo só se poderán traer abrigos ou cazadoras.

Achéganse algunhas imaxes por se vos poden servir de axuda. (Fai clic para agrandar cada imaxe)

A apertura das portas realizarase sempre ás 8:50 da mañá. As entradas de acceso ao colexio son peonís: entrada pola pista de arriba ou entrada pola porta principal. Polo ben de todos débese evitar entrar pola porta de autobuses e vehículos.

Os pais/nais dispoñen dunha área para aparcar na zona da pista de arriba. Solicítase que os coches queden ben aparcados na zona habilitada e eviten obstaculizar o tráfico para que o transporte escolar poida acceder ao recinto.

Os peóns deben ser precavidos e responsables no momento de entradas e saídas. Non se pode obstaculizar, baixo ningún concepto, a porta de entrada de vehículos.

Os pais e nais estarán informados da evolución académica dos seus fillos/as a través dos boletíns trimestrais. Ademais, nos cursos de Educación Secundaria, enviarase unha avaliación orientadora nos meses de outubro e febreiro.

As familias estarán informadas tamén a través da plataforma ABALAR MÓBIL.

Actividades complementarias

Ao longo de curso, dentro do horario lectivo, os alumnos/as poderán participar nunha ampla serie de actividades que complementarán a súa formación integral: visitas, saídas culturais, charlas, audicións musicais, exposicións, obras teatrais, obradoiros, excursións etc.

A principio de curso o Centro ofrecerá aos alumnos/as a oferta de actividades formativas e deportivas, que se desenvolverán polas tardes de 16:00 a 18:00 horas.

O Centro dispón dun orientador que se encargará de axudar os alumnos/as con problemas actitudinais ou de aprendizaxe, tamén se centrará na mellora do seu rendemento escolar a través de técnicas de estudo e para orientar o futuro académico e profesional dos que rematan os seus estudos.

Segundo a Orde de 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada de traballo do persoal funcionario e laboral docentes que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 de 3 de maio de Educación establécense gardas do profesorado para custodiar o alumnado que utiliza o transporte no período de tempo que transcorre dende a chegada do alumnado transportado e o inicio da actividade lectiva e dende que remata a actividade escolar ata a saída do transporte escolar.

As titorías terán lugar no horario que os titores lles faciliten ás familias. Estas concertaranse sempre a través dos titores e das titoras. A comezo de curso celebrarase unha reunión informativa con todos os pais e nais do noso alumnado.

A Dirección e a Secretaría do CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga atenderán o público en xeral no seguinte horario:

·       Mañás: de 9:30 a 12:30 horas.

·       Tardes: martes, mércores e xoves de 16:20 a 18:00 horas.

¿Tes algunha pregunta máis?

Ponte en contacto connosco

Información de contacto

Colegio Hermanos Quiroga Rodríguez S.L.

Dirección: C/ Antonio Palacios, S/N – 36400 O Porriño

Teléfono: 986 33 06 89

Fax: +34 986 33 06 89