1973 - 1974

As raíces

O Colexio Hermanos Quiroga empeza a súa andaina na nova dirección de Antonio Palacios no mes de Nadal do ano 1973. En xaneiro de 1974, á volta das vacacións, toda a comunidade educativa pasa a ocupar o edificio actual. Comeza así esta aventura para os irmáns, que cheos de ilusión ven como o seu soño se fai realidade.
Pasan de ocupar un pequeno andar nun edificio no centro, onde os máis maiores aínda lembran como os nenos saían ao recreo ao Parque do Cristo, a ocupar un grande edificio de ampla extensión e que, cos anos, aínda medrará máis, ao mercar fincas anexas para crear a que hoxe é a pista de arriba e, con posterioridade, a Carballeira, o noso gran tesouro, do que gozamos grandes e pequenos.

1990

O capelán do Celta

Don Eladio, na década dos 90, como capelán do Celta, trae a miúdo os xogadores do primeiro equipo ao centro, o que fai as delicias dos máis pequenos. Son anos de gran felicidade para eles.

1992

A ESO

Máis tarde, ante o inminente cambio na educación coa chegada da ESO, os irmáns toman a decisión de ampliar o centro para poder integrar as novas clases para Educación Secundaria; comezan así as obras no ano 1992. O centro queda renovado e con maior capacidade, e pasa a contar tamén co novo ximnasio. No curso 94-95 comezarán a encher as aulas os primeiros alumnos de secundaria.

1999

TEMPOS DE CAMBIOS

Tristemente, no ano 1999, Don Eladio enferma e déixanos de forma inesperada. Tanto as súas irmás coma todo o profesorado afrontan esta difícil situación para a que ninguén estaba preparado. Coas forzas e o ánimo que a el lle gustaría, a súa irmá M.ª Dolores, a nosa querida Lolita, asume a dirección e administración do centro ao tempo que todo o profesorado se compromete para que a obra de Don Eladio siga viva.

2020

GRAZAS!

Máis de vinte anos despois, grazas ás familias que confiaron e confían en nós día a día, seguimos adiante formando a nosa gran familia, a familia do Colexio Hermanos Quiroga, tendo como obxectivo principal manter o legado que el nos transmitiu: a paixón pola docencia, o respecto e a educación en valores que forma grandes persoas.

Foto antigua
Logotipo Colegio Hermanos Quiroga
Resumo de privacidade

A lei indica que se considerasén cookies exceptuadas as cookies de sesión e de entrada, de autenticación ou identificación de usuario, cookies de seguridade, reprodutor multimedia, equilibrio de carga, personalización da interface de usuario e plugin para intercambiar contidos sociais.

Cumplimiento del Artículo 22.2 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico. (LSSICE).

De todos os xeitos e para unha maior transparencia desexamos aclarar que:

· A información das cookies almacénase no teu computador ou dispositivo usado para ver a web.
· Colegio Hermanos Quiroga utiliza cookies para realizar funcións tales como inicio de sesión e de entrada só para usuarios rexistrados na aula virtual.
· O reprodutor multimedia de Youtube utiliza cookies para poder visualizar os vídeos enlazados.
· Non utilizamos outras cookies distintas ás explicadas.

Cookies usadas nesta web para acceder á aula virtual:
wordpress_[hash], wp-settings-{user},wordpress-settings-{time}-[UID], wordpress_logged_in_xxx, wordpress_test_cookie, wp_lang, wordpress_sec_xxx

Cookies usadas nesta web polo reproductor multimedia:
VISITOR_INFO1_LIVE, YSC

Cookies usadas nesta web para lembrar os axustes de cookies:
moove_gdpr_popup