O obxectivo destas normas é fundamentalmente crear un ambiente educativo axeitado, condición indispensable para acadar unha educación integral.

Normas Xerais

PUNTUALIDADE

A puntual asistencia favorece o rendemento escolar do alumnado. En consecuencia, é requisito indispensábel a xustificación de calquera atraso ou saída do centro dentro do horario escolar, a poder ser sempre con anterioridade.

AUSENCIAS XUSTIFICADAS

As familias deben procurar que as ausencias non sexan por motivos leves e, en todo caso, sempre han ser xustificadas mediante o impreso oficial do centro, telefonicamente ou  mediante unha entrevista persoal.

COIDADO DO MATERIAL E INSTALACIÓNS

Os alumnos e alumnas deben facerse responsábeis do material persoal e común, e manter ordenadas e limpas tanto as clases como o resto de instalacións. Todo alumno ou alumna que rompa, pinte ou estrague mobiliario, material común, libros etc., correrá co custo do arranxo ou reposición.

HÁBITOS

Os alumnos e alumnas deben asistir ao Colexio correctamente aseados, tanto na súa hixiene persoal como na súa indumentaria. Deberán asistir ao centro debidamente uniformados. Non está permitido fumar, consumir bebidas alcohólicas ou drogas dentro do recinto escolar. Tampouco se permite a utilización de teléfonos móbiles e aparatos electrónicos no centro.

CORRECCIÓN

Os bos modais, vocabulario e actitudes de compañeirismo e solidariedade deben ser o testemuño da boa educación e formación persoal. As blasfemias, palabras malsoantes, faltas de respecto, tanto a compañeiros e compañeiras coma a calquera membro do profesorado ou do persoal non docente, serán debidamente sancionadas.

NOTIFICACIÓNS

Os boletíns de notas, controis, avaliacións ou calquera outro tipo de notificacións que sexan enviados, deben de ser devoltos asinados polos pais, nais ou titores dentro dos prazos previstos.

SANCIÓNS

O incumprimento destas normas de convivencia resolverase, nun principio, a través do diálogo co alumno ou alumna, e con amoestación persoal, cando se produzan reincidencias. No caso de que non dean resultado as medidas anteditas, manterase unha entrevista cos pais. Se, a pesar dos esforzos conxuntos, non se teñen resultados positivos, aplicaranse as medidas sancionadoras previstas nas Normas de Convivencia e Disciplina (Plan de Convivencia Escolar) do CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga.

Logotipo Colegio Hermanos Quiroga
Resumo de privacidade

A lei indica que se considerasén cookies exceptuadas as cookies de sesión e de entrada, de autenticación ou identificación de usuario, cookies de seguridade, reprodutor multimedia, equilibrio de carga, personalización da interface de usuario e plugin para intercambiar contidos sociais.

Cumplimiento del Artículo 22.2 de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico. (LSSICE).

De todos os xeitos e para unha maior transparencia desexamos aclarar que:

· A información das cookies almacénase no teu computador ou dispositivo usado para ver a web.
· Colegio Hermanos Quiroga utiliza cookies para realizar funcións tales como inicio de sesión e de entrada só para usuarios rexistrados na aula virtual.
· O reprodutor multimedia de Youtube utiliza cookies para poder visualizar os vídeos enlazados.
· Non utilizamos outras cookies distintas ás explicadas.

Cookies usadas nesta web para acceder á aula virtual:
wordpress_[hash], wp-settings-{user},wordpress-settings-{time}-[UID], wordpress_logged_in_xxx, wordpress_test_cookie, wp_lang, wordpress_sec_xxx

Cookies usadas nesta web polo reproductor multimedia:
VISITOR_INFO1_LIVE, YSC

Cookies usadas nesta web para lembrar os axustes de cookies:
moove_gdpr_popup