Onte tivemos no noso cole unha charla moi especial da Asociación Bicos de Papel.
Dúas mamás de dous auténticos guerreiros compartiron co noso alumnado unha realidade tan dura como necesaria: o que supón convivir co cancro infantil. Faláronnos sen filtros, con emoción e cunha valentía que deixou pegada en cada palabra.
Foi unha sesión emotiva, intensa e profundamente real, na que puidemos achegarnos ás dificultades, aos medos, pero tamén á forza, á loita e ao amor inmenso que hai detrás de cada historia.
Grazas por abrirnos os ollos e o corazón. Actividades así son imprescindibles para educar en empatía, respecto e humanidade.
