SEMANA DA SAÚDE:

A semana do 4 ao 8 de abril celebramos no centro a” I SEMANA DA SAÚDE” na cal se traballaron diferentes contidos trasversais como a alimentación, a hixiene e a importancia do exercicio físico. Realizáronse actividades como clases de zumba, stretching e ioga, bicicleta, carreiras de obstáculos ou concursos de anuncios sobre hábitos alimentarios.

Ademais, tivemos a sorte de asistir a unha charla sobre donación de medula impartida pola Asociación FRANGIL contra a leucemia.

Sen dúbida, foron unhas xornadas nas que, tanto o alumnado coma o profesorado, gozamos compartindo tempo e facendo actividades diferentes, ademais de contribuír así aos obxectivos de desenvolvemento sostible propostos polas Nacións Unidas para a Axenda 2030.