A semana pasada no cole celebramos a Semana das Letras Galegas, este ano o homenaxeado foi o autor Francisco Fernández del Riego. Dedicamos unhas semanas a ler e coñecer máis sobre el, a súa obras, a súa vida e, sobre todo, o importante que foi o seu traballo para a nosa cultura.
O venres foi o día grande, festexando o noso día a través de xogos populares, baile galego e contacontos entre outras actividades.

A continuación deixámosvos unha pequeña mostra gráfica. Lembrade que poderedes atopar máis contido nas nosas redes sociais.

Saúdos familias!