Inicio do curso escalonado

Estimadas familias,

Seguimos traballando para poder comezar o novo curso con total garantía. Tal e como publicou a Consellería de Educación nas últimas instrucións, a incorporación do alumnado será de forma gradual. Estas son as datas de inicio:

  • 10 setembro – 4º e 5º de E. Infantil (3 e 4 anos) e 1º, 2º, 3º de E. Primaria.
  • 11 setembro – 6º E. Infantil (5 anos) e 4º, 5º e 6º de E. Primaria.
  • 16 setembro – 1º e 2º ESO.
  • 17 setembro – 3º ESO.
  • 18 setembro – 4º ESO.

 

Debido aos múltiples cambios e ao retraso na publicación das instrucións da consellería, aínda estamos ultimando as normas de organización definitivas para o inicio do curso. En breve, enviaremos un enlace á web a través de Abalar na que teredes toda a información necesaria. Así mesmo, tamén se publicará na web o “Plan de adaptación á situación COVID” que pretende adaptar esas instrucións ás particularidades do noso centro.

O horario durante este mes de setembro será de 9.30 a 14.30.

Agradecémosvos a vosa confianza e reiteramos a necesidade de colaboración por parte de toda a comunidade educativa para que o curso transcorra coa máxima normalidade e todas as garantías.

Un saúdo,

O equipo directivo e profesorado

Atópanos na rúa Antonio Palacios
Teléfono 986 33 06 89