A semana pasada levouse a cabo a II Semana da Saúde do noso centro educativo. A través dela pretendemos fomentar no noso alumnado hábitos de vida saudábeis a través do deporte, da alimentación así como do autocoidado. As actividades que realizamos este ano foron:
– Talleres de deporte: baile, circuíto de obstáculos e zumba.
– Charla coa asociación ABAP sobre alimentación saudábel.
– Actividade de tenis de mesa cos cursos 4º e 5º E.P.
– Actividade de bicis cos cursos 3º e 6º de E.P.
– Talleres de respiración.
– Taller iniciación ao balonmán cos cursos de 1º e 2º de E.P.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.