Un ano máis o Entroido chegou e non deixou a ninguén indiferente! Foi unha semana chea de celebracións e momentos de ledicia, onde dende os máis cativos ata os máis maiores gozaron destas datas. 

A celebración do Entroido iniciouse coa chegada do Meco ao cole, que cunhas ordes moi divertidas puxo un montón de ilusión e maxia. Posteriormente, o xoves, os alumnos de Educación Infantil e Primaria gozaron dunha xornada chea de bailes e música cos seus mellores traxes. 

Finalmente, este ano para rematar unha semana de festa, todo o colexio participou no desfile polas rúas do Porriño  para levar o Entroido a toda a poboación, acompañados tamén polos demais centro educativos da zona. Foi, sen dúbida, unha experiencia moi enriquecedora e lúdica que agardamos poder repetir o próximo curso.

A continuacion, deixámosvos unhas fotos para que poidades ver todo o que gozaron os nosos cativos.

FELIZ ENTROIDO A TODOS!!