Bo día familias!

Unha das nosas prioridades como centro educativo é transmitir ao noso alumnado a importancia de convivir nunha sociedade pacífica, onde todos poidamos vivir en paz e onde se dea cabida a unha sociedade plural. A nosa idea está reforzada pola axenda 2030 das Nacións Unidas na que, nun marco inclusivo integrado por 17 obxectivos de Desenvolvemento Sostible, establece como obxectivo 16 promover sociedades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, así como facilitar o acceso á xustiza para todos e todas. Dende o centro, cremos que non hai nada máis contaxioso que o exemplo, por este motivo volvemos celebrar como de costume o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Durante os días previos o alumnado traballou nas aulas a importancia da Paz, decorando as aulas con pancartas e mensaxes feitas polo alumnado. Posteriormente, todo o centro educativo realizou a dinámica “Cadea de favores”, que consistía en reflexionar e poñer todo aquilo que facemos por axudar aos demais para posteriormente ir unindo esas cadeas. Durante a xornada lectiva levamos a cabo varias actividades como o recitado de poemas pola paz, bailes, a lectura dun manifesto, etc….

 

Ademais, dende o centro, non quixemos deixar pasar a oportunidade de mandar a todo o mundo unha mensaxe positiva sobre este día e a importancia que ten, polo que a continuación deixámosvos un pequeno vídeo cheo de boa enerxía e de mensaxes positivas! Agardamos que vos guste tanto como lle gustou facelo ao noso alumnado!