Ao longo da semana pasada o alumnado encheu o centro con carteis homenaxeando a mulleres que conseguiron grandes logros en diferentes ámbitos, coma no deporte, a música, a arte, a literatura, etc. Ademais, dende as diferentes etapas, traballamos a importancia que ten esta data, reflexionando sobre todo o que aconteceu ata chegar ás facilidades que hoxe en día temos así como todo o que aínda queda por loitar e defender.
Por este motivo, o xoves dende o centro levouse a cabo unha homenaxe a unha das creadoras do noso centro, a mestra Lolita, que como ben dicían os nosos cativos “ela é a alma do cole”. Para esta celebración contamos coa presencia de exalumnos, os cales ante a nosa proposta, non dubidaron en acudir ao centro para mostrarlle o seu agarimo así como lembrar tantos e tantos recordos ao seu carón.
A continuación deixámosvos unhas imaxes para que poidades ver algunhas das actividades destes días.