Hoxe no colexio conmemoramos o nacemento dunha das poetisas e escritoras de máis referencia da cultura galega: Rosalía de Castro.
Para iso, dende o centro, traballamos ao longo do mes de febreiro tanto coa súa vida como coa súa obra, para que o noso alumnado coñeza a unha das figuras máis salientables da nosa historia.
Desde xeito, hoxe reunímonos todos no patio da escola para musicar un dos seu poemas e renderlle a nosa particular homenaxe. O alumnado de secundaria tamén leu un manifesto que os rapaces e rapazas escribiron para esta ocasión. Para rematar o acto recitamos varios textos e fixemos dous murais nos que colaboraron dende os máis pequenos ata os máis maiores.
Houbo alumnos e alumnas das diferentes etapas educativas que se caracterizaron como autenticas figuras do S.XIX para celebrar este día. Nas seguintes fotos poderedes ver canto aprenderon e gozaron os nosos nenos e nenas ao participar nesta conmemoración.
Unha aperta grande familias!