COMEZO DE CURSO 2021/2022

Tal como establece o Calendario Escolar para o curso 2021/2022 a apertura será para Educación Infantil e Primaria o día 9 de setembro, e para a ESO o día 15.

Lembrade que o novo horario durante todo o curso será de 9:00 a 14:30, para Educación Secundaria haberá clase os martes de 16:30 a 18:10. As actividades extraescolares darán comezo no mes de outubro. Non haberá transporte escolar.

Os exames extraordinarios de setembro para ESO serán os días 1, 2 e 3 de setembro a partir das 10:00 h.

Día 1: Bioloxía e Xeoloxía; Leng. Española; Galego; C. Clásica; Ética; Relixión.

Día 2: Física e química; Inglés; C. Sociais; Música; Oratoria.

Día 3: Matemáticas, Francés; Tecnoloxía; Debuxo; Ed. física.

Feliz verán. Un saúdo

Atópanos na rúa Antonio Palacios
Teléfono 986 33 06 89