Estimadas familias,
Informamos de que está aberto o prazo de solicitude de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo ata o 20 de setembro do 2023.
Destinatarios/as: Alumnado con discapacidade, Alumnado con TDAH asociado a discapacidade ou trastorno grave de conducta, trastorno grave da comunicación e linguaxe, Trastorno do espectro autista ou Altas capacidades.
Que teño que facer?
1-Facer solicitude a través do formulario accesible en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html#pasos-para-solicitarla
2- Solicitar ao gabinete psicopedagóxico informe.
3- Entregar toda a documentación (solicitude + informe do gabinete psicopedagóxico) no centro educativo co 20 de setembro 2023 como data límite.
Para máis información podedes contactar co Departamento de orientación.
Un saúdo