Lembre as medidas

Leve sempre a máscara de protección

Manteña a distancia de seguridade

Acuda na data e hora  indicada

Lave as mans frecuentemente

Recollida de material e entrega de libros

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Infantil, 1º e 2º de Primaria

  • Para recoller calquera material que aínda teñan na clase, os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria, deberán acudir ao colexio o xoves 18 en horario de 10:30 a 12:30 horas.
  • Lembramos que deben tomar todas as medidas oportunas, acudir con máscara e manter a distancia de seguridade.

3º e 5º de Primaria

  • Para recoller calquera material que aínda teñan na clase deberán acudir ao colexio o mércores 17 en horario de 10:30 a 12:30 horas.
  • Lembramos que deben tomar todas as medidas oportunas, acudir con máscara e manter a distancia de seguridade.

4º e 6º de Primaria

  • Para a devolución dos libros do Fondo Solidario,  os alumnos e alumnas dos cursos de 4º e  6º de Primaria deberán entregalos no centro o mércores 17 en horario de 10:30 a 12:30 horas. Tamén poderán recoller calquera material que aínda teñan na clase.
  • Lembramos que deben tomar todas as medidas oportunas, acudir con máscara e manter a distancia de seguridade.

ESO

  • Para a devolución dos libros do Fondo Solidario,  os alumnos e alumnas dos cursos de Educación Secundaria deberán entregalos no centro o xoves 25 en horario de 10:30 a 12:30 horas.
  • Lembramos que mentres non se entreguen os libros deste curso non se poderá acceder á axuda de libros do curso 2020/2021. O alumnado tamén poderá recoller calquera material que aínda teña na clase.
  • Lembramos que deben tomar todas as medidas oportunas, acudir con máscara e manter a distancia de seguridade.

AXUDAS

LIBROS

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Prazo de ENTREGA de solicitudes

  • Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

Modo de presentación

  • A través da sede electrónica
  • Solicitude mediante a aplicación FONDOLIBROS
  • Entrega no centro (Horario de 10:30 a 12:30)

Devolución de libros de texto do curso 2019-2020
(Condición indispensable para poder optar á axuda)

  • Ata o 7/07/2020
  • Para alumnos con materias pendentes en setembro 7/09/2020

Publicación das listas provisionais de admitidos no FONDO SOLIDARIO

  • 10 de xullo 2020

Prazo de reclamación

  • 11 e 12 de xullo de 2020

Publicación das listas definitivas de admitidos no FONDO SOLIDARIO

  • 14 de xullo 2020

Libros de texto

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

A partir de hoxe, 19 de maio, queda aberto o prazo para a solicitude de axuda de libros de texto.

Nos seguintes enlaces poderedes ver toda a información necesaria:

Anuncio da Xunta DOG Núm.96

Convocatoria do fondo solidario de libros

Poderedes pasar polo centro para recoller o Anexo correspondente ou calquera información que precisedes en horario de 10:30 a 12:30. O prazo para presentar as solicitudes remata o 19 xuño de 2020.

Información relacionada

Atópanos na rúa Antonio Palacios
Teléfono 986 33 06 89