Estimadas familias,
Como sabedes os días 1, 2 e 3 de setembro os alumnos de secundaria terán que examinarse das materias que teñan pendentes, enviámosvos unhas normas para acudir ao centro estes días e poder manter en todo momento a seguridade do alumnado.
– O acceso será unicamente pola entrada principal (Acceso dirección).
– Deberán facer uso do xel hidro-alcohólico que hai na entrada.
– Todos os alumnos deberán vir con máscara e permanecer con ela en todo momento.
– Deberán manter as distancias de seguridade e seguir as indicacións do profesorado para ocupar as aulas.
– Lembramos que o alumnado beneficiario do Fondo de Libros deberá entregar os libros de préstamo.
– O calendario de exames está na páxina web. (Enlace a calendario de exames)
A notas serán publicadas por Abalar Móbil o día 7 a partir das 12:00 horas.
Moito ánimo a todos e un saúdo.