Bo día familias:

Comeza o período de admisión para o alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro educativo así como a reserva de praza para o alumnado que finaliza unha etapa nun cole. Seguindo a Orde do 21 de outubro de 2022, o calendario para estes procesos é o seguinte:

  • Do 15 de xaneiro ao 6 de febreiro: aquel alumnado que finalizou etapa e pasa a un centro adscrito (IES Pino Manso). As solicitudes de reserva deberanse cubrir seguindo o modelo ED550A.
  • 22 de febreiro: publicación do listado definitivo do alumnado que ten unha praza reservada.
  • Do 1 ao 20 de marzo: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que nunca estivo escolarizado nun centro educativo ou para aqueles alumnos que cambian de centro de maneira voluntaria. As solicitudes de reserva deberanse cubrir seguindo o modelo ED550B.
  • 25 de abril: publicación do listado provisional dos admitidos. Aquelas familias que queiran reclamar disporán de 5 días hábiles a partir do día seguinte da publicación.
  • 15 de maio: publicación definitiva do listado de admitidos.
  • Do 20 ao 30 de xuño: prazo para formalizar a matrícula de Educación Infantil e Educación Primaria do NOVO alumnado.
  • Do 23 de xuño ao 7 de xullo: prazo para formalizar a matrícula de Educación Secundaria para o NOVO alumnado.

A presentación das solicitudes deberá facerse:

  • A través da aplicación informática.
  • A través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Cubrindo os impresos anteriormente mencionados e presentándoos no centro elixido.

Ademais, lembrámosvos que os documentos que se precisan para facer a solicitude de admisión son:

  • Libro de familia ou documento equivalente.
  • Fotocopia do DNI da persoa solicitante así como do resto dos membros computables da unidade familiar.
  • Fotocopia do DNI do representante legal.

Para calquera consulta non dubidedes en contactar con centro.