Estimadas familias:
Dende o un ata o vinte de marzo levárase a cabo o proceso de admisión para o novo alumnado que desexe matricularse no noso centro educativo. Aquelas familias que desexen información non dubidedes en contactar con nós para concertar unha cita e vir coñecernos.
O noso centro opta por una educación que ten como base a educación en valores así como a individualizacion e a resposta ante as necesidades de cada alumno, xa que non existen dúas persoas iguais. Optamos por metodoloxías activas así como o desenvolvemento do pensamento crítico no noso alumnado, sempre a partir de dinámicas como a aprendizaxe cooperativa, a motivación e a creatividade.
Non o penses máis e contacta con nós, concertaremos unha cita adaptándonos ás vosas necesidades a través do 986 33 06 89